Cath

O Informe de propostas para o Centro de Arte Torre de Hércules é unha iniciativa que se orixinou a comezos dos anos 2000 e foi presentada a mediados do 2004 no Concello da Coruña.
Preparado como unha proposta de futuro, o que mellor podemos dicir dela é que, ata hoxe, case 20 anos despois, a maior parte do seu enfoque segue sendo válido, polo menos para as persoas que o promoveron e lle deron o seu apoio.
É por este motivo que o incluímos neste espazo web, porque pensamos na utilidade que pode ter tanto para o monumento como para a cidade.
O informe consta dunha memoria explicativa dos obxectivos previstos e tres exemplos de como se podería levar a cabo.
Ademais, inclúe unha proposta para un edificio que sería o centro de actividades do proxecto e dous estudos técnicos: un estudo de viabilidade económica e un estudo de mantemento do edificio.
Para facilitar a lectura e a comprensión actualizamos algunhas partes da redacción aínda que respetamos o texto orixinal no esencial, así como o apartado gráfico.
Pola mesma razón de axilidade, non incluímos estudos técnicos, aínda que os temos dispoñibles para os que xustificadamente lles gustaría coñecelos.
Durante o proceso de desenvolvemento, a maioría das persoas que interviñeron, principalmente profesionais cualificados, fixeron contribucións que, en consecuencia, se tiveron en conta antes da versión final.
Previous
Next