Creando proxectos innovadores
Durante máis de trinta anos sendo un estudo de referenza en Galicia en deseño e construccións dixitais
GALAICOS é unha marca de proxectos innovadores como continuación do traballo de Factoría Gráfica, especializada en entornos 3D dende 1990 ata a actualidade.
GALAICOS naceu da necesidade de identificar os traballos desenvolvidos nas reconstrucións virtuais de Arqueoloxía nas que o estudo leva traballando e investigando desde 1993.
Ao mesmo tempo, a experiencia dos membros do equipo no campo 3D evolucionou a partir dos traballos despregados en varios sectores, unha mostra do que agora se presenta neste espazo web.
Unha das características máis destacadas do estudo é o traballo de innovación a través de propostas dirixidas ao público en xeral ou a institucións públicas ou do sector privado.
O proxecto máis avanzado, titulado Estación Visual, representa unha novidade nas hipótese das reconstrucións virtuais da Arqueoloxía, é o resultado das investigacións e experimentación levada a cabo neste campo e será presentado próximamente.
Moitas grazas pola súa visita

2019-2022

2010-2021